Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas Dinversos: Carole David e Emma Pedreira

O Ciclo POETAS DI(N)VERSOS que promove a Concellería de Cultura da Coruña e dirixe o poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño chega xa á súa terceira sesión.

Cando:

10/12/2012

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Documentos:

-DINVERSOS--Folleto-3.pdf (381 KB)

Nesta ocasión, a dobre lectura de poemas reunirá a un poeta en galego e outra en francés: a voz da coruñesa Emma Pedreira unirase á da quebequesa Carole David, chegada a Galicia por vez primeira e directamente dende o Canadá. Será unha nova ocasión aberta e gratuíta de gozar da mellor literatura galega e universal, na voz das súas propias autoras e coa posibilidade de solicitar sinaturas nos exemplares dos seus libros que se ofrecerán á venda tras o acto. Unha nova acción capaz de poñer en valor a produción literaria local e, ao tempo, abrir os oídos cara a todo o que se está facendo no resto do mundo.
 
A coruñesa Emma Pedreira é a poeta máis prolífica e premiada da súa xeración -a dos 90- e ten no seu haber nove libros de poesía, practicamente a razón de premio por libro. Tamén publicou narrativa e impartiu talleres literarios. Pola súa banda, a escritora francófona Carole David naceu en Montreal en 1954 e seis libros de poemas, dúas novelas e un volume de relatos construíron o seu impecable pedigree literario. Foi tamén profesora universitaria, columnista, membro de varios consellos de redacción, asesora para editoriais ou presidenta da Casa da Poesía de Montreal. Moi premiada no seu país pero practicamente descoñecida na Península Ibérica, os seus libros está traducidos maiormente ao inglés e ao italiano. Dúas singularísimas autoras que revisten de aparente dozura a dor, a rabia e o esgazo.
 
A única programación poética estable con autores de dentro e fóra do país coa que se conta en Galicia continuará con novas citas mensuais ata o mes de xuño. En breve desvelarase o contido do novo trimestre, que comezará en xaneiro -o día 14- coa ourensá Chus Pato nun imperdible man a man coa exipcia Iman Mersal.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión