Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos: Xi Chuan - Oriana Méndez

Cita coa poesía

Cando:

07/10/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

IMCE

Xi Chuan

É baixo o pseudónimo de Xi Chuan que Jun Liu se converteu nun dos poetas máis recoñecidos e influentes da China contemporánea. Ensaísta, poeta, tradutor e profesor de Literatura Clásica China na Academia Central de Belas Artes de Pequín, naceu na cidade de Xuzhou, provincia de Jiangsu, en 1963.

Tras licenciarse en Literatura Inglesa na Universidade de Pequín, cofunda -en 1988- o diario poético independente Qingxiang (Tendencia), que será prohibido despois de tres edicións. Tamén traballará como editor para outras revistas: en Huangqiu durante oito anos, na independente Xiandai Hanshi (Poesía Chinesa Moderna) entre 1990 e 1995, na actualidade dirixindo Dangdai Gouji Shitan (Poesía Internacional Contemporánea).

Ademais de asinar moitos títulos como tradutor (de autores que van dende Ezra Pound a J.L. Borges pasando por Czeslaw Milosz), editor ou autor de ensaios, de crítica ou de investigación, a produción poética de Xi Chuan alcanza basicamente cinco libros de poesía. Recibiu numerosos premios, entre os que destaca o Premio Poesía Moderna China en 1994 ou o Premio Nacional Lu Xun en 2001. Ademais, unha serie de bolsas fixeron posible as súas longas saídas ao estranxeiro por varios países, por exemplo como profesor convidado en universidades americanas de Iowa, Nova York ou Victoria (Canadá), entre outras moitas intervencións internacionais. Tamén comisariou, no 2009, a presenza da poesía chinesa na Feira do Libro de Frankfurt.

 

Oriana Méndez

Viguesa do 84, é licenciada en Filoloxía Galega pola USC. Comezou a publicar poesía en revistas culturais como A Caramuxa (do colectivo Sacou) ou Mealibra, en libros colectivos como Burla Negra, en proxectos de acción poética como A revolta das letras (en Santiago no ano 2009) ou en múltiples recitais. Da mesma forma, fixo parte de encontros sobre poesía organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ou ten colaborado na revista literaria Protexta como crítica literaria.

Os libros Derradeiras conversas co Capitán Kraft (2007) e Cero (2011) constitúen os seus dous traballos individuais publicados. Ademais no ano 2003 colaborou no libro colectivo Xuro que nunca volverei pasar fame, publicado polo grupo de intervención política e cultural Redes Escarlata. Posteriormente, a súa obra apareceu noutros volumes colectivos como Letras novas (2008), En defensa do poleiro (2010) ou Anthology of Galician Literature (1981-2011) - Antoloxía da literatura galega (1981-2011) (2012).

Oriana Méndez forma parte da asociación cultural Bou Eva de Vigo e do consello de redacción d' O xornal, vogal da Central Unitaria de Traballadores.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión