Concello da Coruña

Concello da Coruña

Piel de salitre

Os personaxes de Juan Mariñas cobran vida na dramatización dun fragmento da novela "Piel de salitre" pola compañía Teatro en tu casa. E encontro do autor, Juan Mariñas, co editor José Luis Pardo Caeiro de Espacio Cultura Editores.

Cando:

23/10/2013, de 20:30 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto ata completar capacidade.

Piel de salitre é a gran novela contemporánea da Galicia mariñeira, esa terra na que a presenza do mar impregna corpos, almas e pel. Completamente allea á tentación costumista, Juan Mariñas recrea neste relato un mosaico de vidas e historias que, máis alá da súa localización contemporánea, versa sobre os grandes temas: a vida, a morte, a amizade, o esforzo, a supervivencia, sobre o espírito e a condición humana.

Concibida como unha novela coral, sorprende a variedade e autenticidade dos seus personaxes, de todas as idades e condicións. Varios destes personaxes cobrarán vida, grazas aos actores da compañía Teatro en tu casa.

Ante os ollos do lector, que se converte en espectador, para asistir ao diálogo máxico que Ramona, Charito, Mateo, Maite e Rafael establecen co autor, Juan Mariñas, desenvólvese un espectáculo de grande intensidad emocional, no que os personaxes da novela Piel de salitre, nos falan das súas vidas e ilusións, recreando pasaxes da obra.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión