Concello da Coruña

Concello da Coruña

Olladas contra a trata

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con esta exposición Médicos do Mundo pretende mostrar algunhas realidades inmersas nos contextos da prostitución coa intención de visibilizalas.

Cando:

Dende o 20/11/2014 ata o 25/11/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre.

Con esta exposición fotográfica Médicos do Mundo pretende mostrar pequenas realidades do mundo de persoas en situación de trata con fins de explotación sexual coa intención de visibilizar un colectivo excluído.

A través de vinte fotografías de diferentes momentos e circunstancias das vidas das vítimas pretenden achegarnos a unha realidade que aínda está moi presente na nosa sociedade e que se encontra invisibilizada. A través destas fotografías arredor da realidade da trata achegarémonos ás mulleres e aos seus sentimentos.

Autores/as: Matteo Bertolino, Alba Taboada & Vanessa Moure e Noemi Chantada.

21 de novembro:

  • 20.00 – 20.30 h. Presentación da exposición e visita guiada, a cargo de Médicos do Mundo e as autoras e autor.
  • 20.30 h. Concerto "Voces contra a trata".
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión