Concello da Coruña

Concello da Coruña

OBRADOIROS DE MASAXE INFANTIL DE 6 SESIÓNS

CANCELADO O TURNO DE TARDE E ÚLTIMAS PRAZAS NO TURNO DE MAÑÁN.Os obradoiros ofrecen os/as pais/nais as indicacións e os exemplos prácticos para familiarizarse cos movementos da mansaxe infantil, mentras reforzan os vínculos e melloran a comunicación cos seus bebés. As familias disfrutaran dun momento de adicación especial para poder compartir experiencia e inquietudes.

A quen vai dirixido?:

Familias con bebés de 0 a 12 meses

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 07/10/2015 ás 10:30 ata o 08/10/2015 ás 12:00 , os mércores

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 24/09/2015

Horario:

Grupo de mañá: de 10.30 a 12.00 h

Grupo de tarde: de 17.00 a 18.30 h (CANCELADO)

Duración:

Unha hora e media á semana (total 9 horas)

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

30,00 € por familia (familias con xemelgos aboan unha única cota)

Requisitos:

Inscrición previa: a partir do 24 de setembro até esgotárense as prazas, na conserxaría de Ágora aboaondo a cota.

N.º de prazas (cada grupo): máximo 8 familias (bebé acompañado por 1 ou 2 adultos)

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa do ciclo Bebescena outono 2015 (345 KB)

Obradoiros para dar a coñecer a masaxe infantil coma ferramenta para promover a comunicación e a nutrición afectiva e ofrecer informacións sobre os seus beneficios, para familias con bebés de 0 a 12 meses. Proponse ademais un espazo para fornecer (confianza e autoestima) as capacidades de crianza dos proxenitores e involucrar a toda a familia

O obradoiro consistirá 6 encontros, un por semana.

En cada sesión haberá unha parte teórica, unha parte práctica para familiarizarse cos movementos da masaxe infantil e un debate sobre temas relacionados coa paternidade/maternidade e a crianza do bebé, coma o sono, o pranto, a lactancia, a alimentación complementaria e o desenvolvemento neuropsicomotriz, entre outros.

Incluirase a proxección dalgúns materiais en soporte audiovisual. E inclúe un dossier (artigos, secuencias, poesías….), aceite para as prácticas e un certificado de asistencia para a/o bebé e a súa familia.

Os OBXECTIVOS principais dos obradorios son:

 

  • Acompañar os pais/nais na procura dun momento de dedicación exclusiva.
  • Axudar a reforzar os vínculos afectivos positivos
  • Aliviar o malestar da/do bebé producido por cólicos e gases
  • Equilibrar os períodos de estimulación e relaxación do bebé para mellorar a calidade do sono
  • Proporcionarlles confianza e seguridade aos pais/nais e, por tanto, ao bebé
  • Establecer o hábito da comunicación entre pais/nais e fillos/as
  • Favorecer a maduración do sistema nervioso do bebé e fornecer o seu sistema inmunolóxico
  • Ofrecerlles os pasi/nais ferramentas para implicarse cedo na crianza
  • Reducir o illamento dos pais/nais; creando un espazo social de intercambio e aprendizaxe (con efecto preventivo sobre o aparecer da depresión post parto)
  • Favorecer a lactancia materna (incrementando a produción de prolactina e oxitocina)
  • Descenso da rivalidade entre irmáns (favorecendo a participación dos irmáns)
  • Promover dentro do cotidián, un clima familiar e un ambiente máis relaxado

 

Impartidos por: Carla Console.

  • Psicóloga infantil, especializada en Desenvolvemento Neuropsicomotriz de 0-3 anos
  • Educadora de masaxe infantil certificada por IAIM e membro de AEMI (Asociación Española de Masaje Infantil)
  • En proceso de formación (anuais) en "Saúde Mental Perinatal" e en "Muller cíclica" (adolescencia, maternidade, menopausia)
  • Experiencia como psicóloga en centro educativo con nenos/as de 0 a 12 anos (2006-2009)
  • Experiencia de dinamización en grupos de familias con bebés
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión