Música tradicional para os máis pequechos con PABLO DÍAZ E OLGA KIRK.
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos
Familias, Infancia
Dende o 04/11/2016 ata o 05/11/2016
Xa rematou
Dende o 13/10/2016
3º obradoiro Trapechos: venres 4 de novembro ás 18.30 h
4º obradoiro Trapechos: sábado 5 de novembro ás 12.00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada gratuíta (40 prazas por obradoiro)
Este outono no Centro Ágora, Pablo Díaz e Olga Kirk van realizar 4 obradoiros de música instrumental e cantada tradicional galega, ensinada dunha maneira didáctica para os nenos e nenas, que aprenderán o funcionamento e as diferentes formas de tocar as percusións, a gaita, o acordeón, o clarinete, e por suposto a voz. Esparamos ensinar tamén unha muiñeira e/ou xota sinxelas.
Pablo Díaz e Olga Kirk levan traballando na música e no ensino desde 1991 e teñen unha amplísima experiencia na investigación da música, instrumentos, cancións e xogos tradicionais galegos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible