Concello da Coruña

Concello da Coruña

O documental do mes: "Rafea y el sol"

O documental mostra o poder da educación enfrontado á forza da tradición.

Cando:

11/03/2014, de 20:00 a 21:15

Xa rematou

Horario:

20.00 horas.

Duración:

76 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € entrada normal; 2,00 € para maiores de 65 anos, desempregados e carné xove.

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Ágora: mesmo día da proxección dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Observacións:

VO en árabe e inglés subtitulada en castelán e para persoas xordas

Rafea é unha muller analfabeta beduína que vive coas súas catro fillas nun dos pobos máis pobres do deserto de Xordania, na fronteira con Iraq.

A Rafea ofréceselle a oportunidade de viaxar á India para asistir ao programa do Barefoot College, onde mulleres analfabetas de todo o mundo se forman durante 6 meses para ser enxeñeiras solares. Se o consegue, poderá electrificar o seu pobo, formar a outros enxeñeiros e manter as súas fillas.

Será unha viaxe difícil para Rafea, pero o seu maior reto será o de romper coa mentalidade tradicional beduína, que mantén que o lugar dunha muller está na casa para servir o seu marido. O documental mostra o poder da educación enfrontado á forza da tradición.

AS DIRECTORAS

Jehane Noujaim creceu en El Cairo onde comezou a súa carreira como fotógrafa. Continuou os seus estudos de cine e filosofía en Harvard. Traballou como directora e produtora de varios filmes, entre eles títulos como Startup.com (2001), Control Room (2004), ou The Square (2013).

Mona Eldaief naceu en El Cairo e creceu en Estados Unidos onde estudou ciencias políticas e fotografía. Traballou como directora de fotografía nos documentais A Wedding in Ramallah (2002) e Her name is Zelda (2003).

PREMIOS E FESTIVAIS

Premio do público, DOC NYC, EE.UU., 2012

Premio especial do xurado, DOC NYC, EE.UU., 2012

Premio xustiza global Oxfam, IDFA, Países Baixos, 2012

Mellor película, Festival Internacional de cine de Wakefield (WIFF), Canadá, 2012

Sección oficial, Sheffield Doc/Fest, Reino Unido, 2013.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Jehane Noujaim, Mona Eldaief

Fotografía: Mona Eldaief

Produción: Mette Heide, Alexandra Johnes, Karim Amer

Produción executiva: Don Edkins, Nick Fraser, Mette Hoffman Meyer, Badr Jafar, Mike Lerner, Regina Kulik Scully, Lekha Singh

Edición: Jenny Golden, Jean Tsien, Esteban Uyarra

Música: Jonas Colstrup

Son: Peter Albrechtsen

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión