Concello da Coruña

Concello da Coruña

O documental do mes: "OMG Organismo Modificado Genéticamente"

O director Jeremy Seifery é un pai preocupado que viaxa en busca de respostas. Como afectan os transxénicos aos nosos fillos, á saúde do noso planeta, e á nosa liberdade de elección?

Cando:

06/05/2014, de 20:00 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.00 horas.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € entrada normal; 2,00 € para maiores de 65 anos, desempregados e carné xove.

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Ágora: mesmo día da proxección dende unha hora antes (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Observacións:

V.O. en inglés subtitulada en castelán e para persoas xordas.

Seifert ponse a proba: é posible rexeitar o sistema alimentario actual, ou perdemos algo que xa non podemos recuperar?

"OMG Organismo modificado genéticamente" mostra a viaxe do director dende a mesa do comedor da súa familia, pasando por Haití, París ou Noruega, ata o vestíbulo da empresa provedora de produtos químicos para a agricultura Monsanto, da que é expulsado sen contemplacións. No camiño profundará nunha cuestión que cada vez suscita máis preocupación entre a cidadanía de todo o mundo: sabemos o que comemos?

O DIRECTOR

Jeremy Seifert é cineasta e activista en Estados Unidos, e viaxa por todo o país dando charlas sobre medio ambiente e labores humanitarios. No 2010 debutou co seu primeiro documental DIVE!, gañador de 22 premios en festivais de todo o mundo, no que o director investiga sobre a cantidade de alimentos que se tiran ao lixo en Estados Unidos. OMG Organismo modificado xeneticamente é o seu segundo filme, producido pola súa propia produtora Compeller Pictures.

PREMIOS E FESTIVAIS

Premio do público, Yale International Film festival. EE.UU., 2013.

Premio mellor documental, Berkshire International Film Festival. Reino Unido, 2013.

Berlin International Film Festival. Alemaña, 2013.

FICHA TÉCNICA: Estados Unidos (2013)

Montaxe: Terry Iates, Jeremy Seifert

Son: Daniel McCoy

Fotografía: Rod Hassler

Produción Executiva: Joshua Kunau, Elisabeth Kucinich, Jill Latiano Howerton

Produción: Joshua Kunau, Jeremy Seifert Guión: Jeremy Seifert

Dirección: Jeremy Seifert

Música: Jubilee Singers

Produtora: Compeller Pictures

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión