Concello da Coruña

Concello da Coruña

O documental do mes: MY STUFF

Petri séntese perdido e hai algo que bota de menos, así que decide pescudar que é o que realmente lle falta embarcándose nun experimento vital.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/09/2014, de 20:00 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.00 horas

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € Entrada normal; 2,00 € para maiores de 65 anos, desempregados e carné xove.

Venda de entradas:

  • Despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (Pagos en efectivo)
  • Despacho de billetes do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Despacho de billetes Ágora: o mesmo día da proxección desde unha hora antes (Pagos en efectivo).
  • Televenta: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Observacións:

V.O. en finés subtitulada en castelán e para persoas xordas.

Petri ten 26 anos e séntese completamente perdido. Abandonado pola súa noiva, acurralado por unha enorme hipoteca e cunha tarxeta de crédito ao límite, Petri sente que a súa vida está baleira mentres o seu piso está cheo de cousas.

Hai algo que bota de menos, así que decide pescudar que é o que realmente lle falta embarcándose nun experimento con tres reglas: durante un ano todas as súas pertenzas materiais estarán nun almacén, só poderá recuperar unha cada día e estará prohibido mercar nada de novo.

O DIRECTOR

Petri Luukkainen traballou e dirixiu bastantes proxectos a pesar da súa curta idade. Realizou principalmente documentais, series para Internet e películas comerciais dende o 2001. Petri dirixiu o seu primeiro anuncio televisivo cando tiña 17 anos e, dende entón, traballou como director e editor. Recentemente traballou nunha serie de documentais para YLE e dirixiu un anuncio que conseguiu 3.000.000 visitas en YouTube.

FICHA TÉCNICA (Finlandia, 2013)

  • Son: Juho Luukkainen, Pelle Venetioki
  • Fotografía: Jesse Jokinen.
  • Montaxe: Atti Sjögren
  • Produción: Anssi Perttala
  • Director e guión: Petri Luukkainen
  • Música: Timo Lassy

PREMIOS E FESTIVAIS

  • DocPoint – Finlandia, 2013
  • Warsaw IFF – Polonia, 2013
  • DokLeipzig – Alemaña, 2013
  • CPH:DOX – Dinamarca, 2013
  • Magnificent 7 – Serbia, 2014

Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=SoV98tgxjm8&feature=youtu.be

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión