Concello da Coruña

Concello da Coruña

O documental do mes - Kuchu

Premio ao mellor filme internacional Hot Docs Toronto 2012. Mellor documental (Teddy Bear) Festival de Cine de Berlín 2012.

Cando:

05/03/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € e 2,00 € para maiores de 65, desempregados e carné xove.

A historia

"Kuchu" é o termo popular con que se denomina o colectivo lésbico, gai, bisexual e transexual (LGBT) en Uganda. Un colectivo perseguido social, cultural e xudicialmente. A ameaza dunha nova "Lei contra a homosexualidade", que establece penas de prisión e mesmo de morte para homosexuais e seropositivos, converte os líderes locais e activistas en emblemas internacionais da loita contra a violación dos dereitos humanos.

David Kato, o primeiro home en Uganda abertamente gai, é un dos poucos que se atreven a protestar publicamente contra as sancións homófobas do Estado. David loita, xunto cos seus compañeiros activistas, para cambiar o destino dos Kuchus en África, pois como di o propio David "se nos seguimos escondendo, dirán que non estamos aquí".

As directoras

Malika Zouhali-Worrall traballa como xornalista de prensa escrita e audiovisual no Financial Times e a CNN. Traballou para a CNN de India, Uganda, China e EE.UU. sobre temas de política, tecnoloxía e dereitos do colectivo LGBT. Malika graduouse na Universidade de Cambridge e ten un Máster en Relacións Internacionais do Instituto de Estudos Políticos de París.

Katherine Fairfax Wright graduouse na Universidade de Columbia cunha dobre licenciatura en Estudos de Cinema e Antropoloxía. Traballou como produtora en varias películas e foi premiada como directora de fotografía. É considerada un dos 25 novos rostros do cinema independente do 2012 pola revista Filmmaker Magazine de EE.UU.

Premios e festivais

• Mellor Filme Internacional - Hot Docs, Toronto, 2012

• Sección Oficial Festival de Cinema de Berlín, 2012

- Premio Teddy Bear por Mellor documental

- Premio Cinema Fairbindet

• Premio de Amnistía Internacional polos Dereitos Humanos - Festival de cinema de Durban, Sudáfrica, 2012

• Premio do público - Festival Internacional de Cinema Gai e Lésbico de San Francisco, 2012

• Premio Mellor documental - Festival Internacional de Cinema Gai e Lésbico de Austin, 2012

• Mención especial - Festival Antenna, Sídney 2012.

 

Ficha técnica

Directoras: Malika Zouhali-Worrall e Katherine Fairfax Wright

Fotografía e montaxe: Katherine Fairfax Wright

Produtora: Malika Zouhali-Worrall

Son: Malika Zouhali-Worrall e Katherine Fairfax Wright

Música: Jon Mandabach

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Ágora: mesmo día da proxección dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión