Concello da Coruña

Concello da Coruña

O documental do mes: CONFESIÓNS DUN BANQUEIRO

Os verdadeiros amos do universo non son nin os políticos, nin os exércitos, nin os gobernos. Os verdadeiros amos do universo son os bancos de investimentos. Un poderoso banqueiro alemán ofrécenos unha inquietante visión das súas emocións, motivacións e predicións, mentres nos desvela un universo paralelo de ingresos desorbitados e presión desapiadada

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/12/2014, de 20:00 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.00 horas

Duración:

88 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € entrada normal. 2,00 € para maiores de 65 anos, desempregados e carné xove.

Venda de entradas:

  • Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).
  • Despacho do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta).
  • Despacho do Ágora: o mesmo día da proxección dende unha hora antes (pagos en efectivo).
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Observacións:

VO en alemán e inglés subtitulada en castelán e para persoas xordas.

Descubrimos un sistema que illa os banqueiros do resto do mundo e convérteos en incapaces de reflexionar sobre o seu propio traballo. Os verdadeiros amos do universo non son nin os políticos, nin os exércitos, nin os gobernos. Os verdadeiros amos do universo son os bancos de investimentos. Un poderoso banqueiro alemán ofrécenos unha inquietante visión das súas emocións, motivacións e predicións, mentres nos desvela un universo paralelo de ingresos desorbitados e presión desapiadada. Descubrimos un sistema que illa os banqueiros do resto do mundo e convérteos en incapaces de reflexionar sobre o seu propio traballo.

O DIRECTOR

Marc Bauder naceu en 1974 en Stuttgart (Alemaña). Estudou administración de empresas e logo formouse como cineasta na escola Potsdam-Babelsberg. En 1999 fundou a súa propia produtora: Bauderfilm, coa que produciu e dirixiu, entre outras, The System, After Revolution, The Top Manager, The Communist e Grow or go. O seu documental Masters of the Universe estreouse mundialmente na Semana da Crítica en Locarno. Actualmente Marc Bauder traballa, entre outros proxectos, na longametraxe Razzia.

FICHA TÉCNICA (Alemaña, 2013)

  • Fotografía: Boerres Weiffenbach
  • Produción: Gunter Hanfgarn
  • Director e guión: Marc Bauder
  • Montaxe : Hansjoerg Weissbrich, Rune Schweitzer
  • Música: B. Fleischmann
  • Produtoras: Bauderfilm, Co-Production Company: NGF Geyrhalterfilm

PREMIOS E FESTIVAIS

  • Locarno FF, Prix Semaine de la Critique –Suíza 2013
  • Fact Award. CPH:DOX – Dinamarca 2013
  • DOK Leipzig – Alemanña 2013
  • IDFA – Países Baixos, 2013

Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=6aa1uwaADg8&feature=youtu.be

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión