Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mostra Samonios do Samaín Ágora

A Biblioteca Ágora organiza unha mostra bibliográfica infantil para celebrar a festividade do Samaín

Cando:

Dende o 13/10/2014 ata o 10/11/2014

Xa rematou

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Rúa Ágora s/n. 15010 A Coruña

A mostra bibliográfica "Samonios do Samaín" está relacionada coa festividade celta que tradicionalmente recupera e celebra o culto aos mortos dende hai miles de anos. Fíxose unha selección de documentos onde vampiros, bruxas, mortos viventes e cabazas son os protagonistas das historias de ultratumba e dan forma e conviven coa estación outonal.

A finalidade é achegar, recrear e recuperar unha celebración antiquísima pagá que ten un peso considerable na nosa idiosincracia e na tradición galega, onde o recordo e culto aos mortos cobra un peso importante. Ademais trátase dunha temática de especial interese para o público infantil e preadolescente.

Vai dirixida ao público infantil de entre 3 e 14 anos. Para iso formularanse dúas mostras en espazos diferenciados e con contidos idóneos para cada grupo de idade.

Todas as persoas interesadas poden consultar a nosa guía de lectura sobre o Samaín.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión