Concello da Coruña

Concello da Coruña

MERENDAS CON CONTOS na Biblioteca do Ágora

Programa de animación lectora destinado a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos.

A quen vai dirixido?:

Familiar con nenos e nenas de 3 a 7 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Os días 13/01/2015 ás 18:30 , 06/04/2015, 20/04/2015, 26/01/2015, 23/02/2015, 09/02/2015, 09/03/2015

Xa rematou

Horario:

Luns 18.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Os menores teñen que acudir acompañados por persoas adultas.

Organiza:

Bibliotecas Municipais

Os luns de cada dúas semanas, da man da Familia Ratapón e dos seus amigos, os bibliotecarios, poderanse degustar saborosas historias e vivir incribles aventuras, na Biblioteca Ágora.

Se desexas compartir cos teus fillos momentos entrañables arredor dos libros e das súas historias podes reservar a túa invitación, ata un máximo de 3 por persoa.

Reserva de praza previa. Este trámite poderase facer de dúas maneiras:

  • Presencial: en calquera das bibliotecas municipais.
  • A través da páxina web: cubrindo un formulario que se abrirá ás 10.00 h. Abrirase o prazo para poder reservar unha invitación para a seguinte sesión.

- Faga a inscrición a Merendas a nome do neno/a baixo a súa autorización que cubrirá na parte inferior do formulario.

- Un adulto non pode inscribir máis de tres nenos por sesión.

- Realizada correctamente a inscrición recibirá unha confirmación no correo que nos indicase.

- Debe acudir á sesión elixida uns minutos antes do inicio para recoller a súa invitación. En caso de non poder asistir, por favor, notifíqueo canto antes ao seguinte enderezo de correo electrónico: bibliotecas@coruna.es

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión