Concello da Coruña

Concello da Coruña

Merda

MERDA é un espectáculo de creación colectiva froito do traballo desenvolto durante o curso 2013-14 polo grupo de Creación Escénica do programa de Formación Teatral da A.C. Manicómicos da Coruña, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas e niveis de experiencia, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.

Cando:

28/06/2014

Xa rematou

Horario:

21.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

3,00 €.

Venda de entradas:

  • Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
  • Despacho do Ágora: o mesmo día dende 1 h antes (pago en efectivo)
  • Despacho do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Recomendada para maiores de 14 anos.

Páxina web:

www.manicomicos.org

MERDA está articulado como unha sucesión de fragmentos en clave de humor crítico e visual, cunha escenografía rescatada do lixo, que tratan o concepto de merda dende un punto de vista global na nosa sociedade contemporánea, escapando en todo momento do seu significado máis escatolóxico.

A merda que percibimos e que nos fan tragar, a que gardamos, a que soltamos; o lixo que atopamos, o lixo que tiramos, a súa reutilización...

Se vivimos nunha sociedade de merda e queremos limpala dalgunha maneira, nada mellor que meterse a fondo nela para poder saneala.

Repartición:

  • Yésica Val
  • Héctor Martínez,
  • Carlos Moure,
  • Alba Farto,
  • Marta Mato,
  • Iria Mourón,
  • Verónica Martínez,
  • Martín Cortés,
  • Julia Miguel López e
  • Felipe Díaz "Caxo"
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión