Concello da Coruña

Concello da Coruña

Laureano Márquez, monólogo ¿Por qué somos lo que somos?

Despois do gran éxito do seu show "SitDown", Laureano Márquez, o gran humorista venezolano, regresa a España co seu novo espectáculo "¿Por qué somos como somos?"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/10/2015, de 20:00 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Duración:

2 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Páxina web:

http://www.yosoyvenezolano.com

Organiza:

Revista Eu son venezolano

A revista Yo Soy Venezolano presenta nesta ocasión a Laureano Márquez, nun espectáculo onde nos convida a pasear pola historia de Venezuela, a revisar as orixes do noso comportamento como pobo; os de antes e os de agora.

"Non é casual que os venezolanos esteamos condenados, coma Sísifo, a repetir erros unha e outra vez. Esta actitude débese, en parte, ao descoñecemento de nós mesmos. O humor é sempre unha boa escusa para observarnos críticamente e rastrexar as inconsistencias que temos como nación".

As cidades confirmadas ata o momento da xira 2015 "¿Por qué somos como somos?" percorrerá 4 cidades de España:

  • Vigo - sábado 17 de outubro
  • A Coruña – domingo 18 de outubro – Lugar: Centro Ágora
  • Barcelona – venres 23 de outubro – Lugar: Hotel Barceló Sants
  • Madrid – domingo 25 de outubro – Lugar: Teatro Amaya

Venda anticipada de entradas: http://www.yosoyvenezolano.com/event-registration-2/?ee=29

Laureano Márquez

Traballou no programa de televisión Radio Rochela, o programa cómico máis antigo da televisión mundial, como libretista e actor durante unha década. É un articulista de humor moi recoñecido no seu país (especialmente polos organismos de seguridade do Estado, que seguen moi de preto o seu traballo) e gañou en tres ocacións o premio ao mellor artigo de humor (o cal é moi sospeitoso).

Desenvolveu a súa carreira humorística fundamentalmente no teatro, en obras que bateron récord de recadación, como La Reconstituyente, con máis de seiscentas representacións ao longo de dous anos e tamén niso que chaman os gringos stand up. Isto último permitiulle percorrer os escenarios venezolanos con monólogos de corte sociolóxico que tratan de desentrañar as causas dos nosos males colectivos.

Tamén levou o seu traballo fóra de Venezuela a México, Colombia, España, Bolivia e máis recentemente a Arxentina, onde participou no Concurso Panamericano do Humor. Alí obtivo o primeiro lugar e unha pedantería que o volveu insoportable.

Dedicouse tamén á docencia ditando cursos de humor dos que saíron novos grupos de comediantes como La degeneración de substitución.

É autor de tres libros de humor: Se sufre pero se goza (esgotado); El código bochinche (2004), que vai pola súa novena edición e bateu record en Venezuela como libro máis vendido e, o máis recente, Amorcito corazón, no marco da colección Llámalo amor si quieres do grupo Santillana, baixo a dirección de Leonardo Padrón. Este último libro é un manual dedicado ao amor, non un libro dedicado ao amor manual, que non é o mesmo.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión