Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inscrición Campamentos de Nadal no Fórum e no Ágora 2014

Divírtete e aprende con ILUSIOOÓH!N este Nadal

Cando:

Dende o 01/12/2014 ata o 12/12/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/12/2014 ata o 12/12/2014

Prezo:

35 euros por participante e quenda. Ampliación de horario: 5 euros.

Documentos:

Díptico para a inscrición (769 KB)

A oferta de actividades que presentamos busca cubrir parte do tempo de lecer do período do Nadal dos nenos e nenas da nosa cidade a través de todo tipo de actividades motrices, producións plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes, ademais de dar resposta ás necesidades das familias nestes días de descanso escolar.

DURACIÓN

Días: 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro do 2014 e 2, 5 e 7 de xaneiro do 2015.

COTA

35 € por participante e quenda. Ampliación de horario: 5 €.

PARTICIPANTES

Poderán participar os nenos e as nenas nacidos entre 2002 e 2010, agrupados por idades.

A actividade non conta con profesionais de apoio para nenos con necesidades educativas específicas.

INSCRICIÓN/DATAS

A partir do día 1 de decembro mediante inscrición directa por rigorosa orde de chegada ata completar prazas.

* Prazas Fórum Metropolitano - ESGOTADAS

* Horario e lugar prazas dispoñibles: Conserxería do Centro Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

 

 

TEMÁTICA

A fusión de distintas disciplinas artísticas como son o teatro, o circo, a maxia… darannos xogo para descubrir e vivenciar propostas que nos permitan desenvolver a expresión e creatividade en todas as súas ramas.

A través das distintas disciplinas artísticas realizaremos creacións plásticas, animacións teatrais, coñeceremos propostas relacionadas co mundo do circo e sobre todo compartiremos estas experiencias cos nosos novos compañeiros e compañeiras de xogos.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión