Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilan Chester. Xira 2015 Cancións, Amor e Humor

Revista Venezolana ten o gusto de traer e presentar a ILAN CHESTER, o cantautor venezolano, quen regresa a Europa despois de 5 anos de ausencia cunha inigualable xira "Cancións, Amor e Humor".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/09/2015

Xa rematou

Horario:

21.00 h.

Duración:

2 horas.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Páxina web:

http://www.revistavenezolana.com/eventos-revista-venezolana/ilan-chester-en-la-coruna/

Organiza:

Revista Venezolana

Ilan Chester fará gala do seu gran repertorio de temas musicais, os mesmos que puxeron a vibrar a todo o seu público desde os seus inicios en Venezuela durante os anos 80 e o resto da súa carreira. Cancións, Amor e Humor, un espectáculo que estará cheo de moitos recordos e vellas anécdotas.

Ilan Chester gañou a finais de 2010 o seu primeiro Grammy Latino pola colección Tesouros da música venezolana. Esta colección contén seis CD con 67 cancións e máis de 40 artistas, quen comparte con Ilan as cancións máis fermosas de Venezuela. Ten na súa carreira máis de 30 discos e actuou en centos de shows ante centos de miles de persoas. Vive en Venezuela pero viaxa constantemente á India e aos Estados Unidos onde tamén reside boa parte do ano.

A Xira 2015 "Cancións, Amor e Humor" en setembro percorrerá 3 cidades de España:

  • A Coruña – venres 11 de setembro – Lugar: Centro cultural Ágora. Hora: 21:00 h.
  • Barcelona – sábado 12 de setembro – Lugar: Hotel Barceló Sants. Hora: 19:00 h.
  • Madrid – domingo 13 de setembro – Lugar: Centro cultural Sanchinarro. Hora: 18:00 h.

Máis información: 722 327 396 e info@revistavenezolana.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión