Taller creativo para afeccionados ao cómic e/ou profesionais.
Dende o 05/08/2014 ata o 07/08/2014
Xa rematou
Dende o 28/07/2014 ata o 04/08/2014
De 11.00 a 13.00 horas.
6 horas (2 horas cada día)
Gratuíto. 10 prazas.
Ser maior de 16 anos.
Baseado nunha experiencia levada a cabo por profesionais en EE.UU. e dirixido polo experto en cómic Henrique Torreiro.
Estamos ante un taller creativo e experimental para asistentes con coñecementos avanzados ou afeccionados que queiran profundar nos recursos e posibilidades narrativas do cómic como medio de comunicación.
A maior parte do taller son exercicios prácticos de enxeño e destreza mental que xogan coa capacidade creativa dos asistentes.
Henrique Torreiro
Infatigable promotor da “banda deseñada”, é un dos maiores expertos en BD de Galicia e unha das persoas clave nas Xornadas de Ourense, ademais de exercer de xestor cultural en diversas iniciativas e publicacións.
Xerente da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais de España (FADIP). Foi membro do Colectivo Phanzynex de Ourense, e aínda que é máis coñecido como experto en BD que como autor, tamén participou nos números 3 e 4 de Frente Comixario e no Spesial Pelengrin, ademais de realizar portadas e logos para diversas exposicións de fanzines que fixeron anualmente en Ourense. Así mesmo realizou colaboracións coas revistas Bravú, Unicomercio, Anima+l e Ovo. Asinou en ocasións co pseudónimo de Aich .
Encárgase da organización anual das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e colaborou co Festival de Cinema da mesma cidade.
Actualmente colabora no equipo de redacción e revisión de textos da editorial de banda deseñada coruñesa Demo Editorial.
Para inscribirvos só tedes que premer (unha vez que se abra o prazo de inscrición) no seguinte enlace www.coruna.es/nex
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible