Gala de música, humor, maxia e danza dirixida por Ángel de la Cruz, na que terá lugar a entrega dos 1º Premios ASEM Solidario.
17/11/2013
Xa rematou
17.00 h.
2 horas
5,00 euros. Nenos/as ata os 10 anos gratis.
Venda de entradas:
- Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
- Despacho do Ágora: o día da gala dende 1 h antes (pago en efectivo)
- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Presentada pola polifacética actriz Erica González, coas seguintes actuacións:
- Coro Cantábile,
- o cómico Víctor Grande e a cantante Axia Romay (os dous finalistas de "Tú sí que vales"),
- a maxia e a música de Martín Camiña e Álvaro Muras,
- o trío musical composto por Agustín Lage Domínguez (violoncello), Raquel Carrera Álvarez (violín) e Thais Pousada (clarinete),
- o monologuista Javier Varela ("Máis galego" de TVG) e
- a actuación dos grupos de danza do ventre de Fany Díaz e Marián Argüelles e as súas alumnas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible