Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gala Solidaria ADACECO

O grupo de actores son persoas afectadas por un dano cerebral adquirido, membros, socios e usuarios da ADACECO porán en escena "Peatones" xunto á actuación do grupo musical BLACK.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/07/2015, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

De hora e media a 2 horas.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

5,00 €.

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da Praza de Ourense: De luns a venres, de 9.30 h. a 13.00 h. e de 16.30 h. a 19.30 h. (pago en efectivo).
  • Despacho de billetes do Ágora: O mesmo día desde 1 h antes (pago en efectivo).
  • Despacho de billetes do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: De luns a sábado e días festivos de 9.00 h. a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta).
  • Televenda: 902 504 500 - www.ataquilla.com

Televenda:

Ataquilla.com

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, presenta a Gala Solidaria Representación Teatral "Peatones".

A compañía de teatro ADACECO é un grupo de persoas afectadas polo dano cerebral adquirido, cunha traxectoria de 7 anos. Este ano estrearemos no Ágora a obra "Peatones", escrita e dirixida por Noemí Miranda.

Nesta obra o público será testemuña de diferentes historias tráxicas con grandes pinceladas de comicidade que transcorren nun parque. Se os parques falasen, cantas cousas contarían.

O broche final desta gala con carácter benéfico poñerao o grupo musical BLACK.

Os fondos recadados contribuirán a que esta Asociación, sen ánimo de lucro, siga loitando polo obxectivo que todos os socios, familiares e colaboradores desta agrupación temos en común: a mellora da calidade de vida das persoas con DCA (ACV, ICTUS, TRAUMATISMO CRANIOENCEFÁLICO producido por un accidente de tráfico, deportivo, caída, TUMOR CEREBRAL, ANOXIA,…).

Unha vida salvada merece ser vivida!

As persoas que queiran colaborar pero que non poidan asistir, poderán adquirir entradas para a Fila 0 a través do número de conta: ES 04-0182-1420-18-0101503913

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión