Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gala de entrega dos premios "Buero" de teatro novo- Fundación Coca-cola.

Entrega dos premios autonómicos de GALICIA do concurso "Buero" de teatro jovenen,nunha gala que contará con diversas actuacións dos grupos participantes este ano.

A quen vai dirixido?:

Mozos de entre 14 e 21 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/06/2015, de 19:00 a 22:00

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Duración:

3 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Páxina web:

www.fundacioncocacola.com

Organiza:

Fundación Coca-Cola

A gala autonómica de entrega de premios da 12ª edición dos Premios Buero de Teatro Novo, que se entregarán a dous grupos galegos: Vai non dentista do IES Xelmírez de Santiago foi recoñecido en Galicia na categoría escolar pola obra Fóra de xogo e Palimoquiños da Asociación Palimoco Teatro de Lugo que gañou pola obra Real ou non, na categoría non escolar.

Nesta edición inscribíronse ao redor de 600 mozos galegos, o que supón a presentación de 30 grupos.

Os premiados polo xurado nacional terán a oportunidade de representar a súa obra no Teatro María Guerreiro de Madrid do Centro Dramático Nacional. Tamén acudirán ao 8º Campus Coca-Cola de Teatro Novo, que se celebrará na primeira semana de xullo.

PREMIOS BUERO VALLEJO DE TEATRO NOVO

O teatro é unha das apostas máis decididas que leva a cabo a Fundación Coca-Cola.

Por iso, en 2003 creáronse os Premios "Buero" de Teatro Novo, xunto ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - INAEM e o Centro Dramático Nacional, para dar apoio e divulgación ao traballo que numerosos grupos de teatro novo están a facer en toda España.

DIRIXIDO A GRUPOS FORMADOS POR MOZOS

  • Entre 14 e 21 anos.
  • Dúas categorías: para grupos escolares e non escolares.
  • Desde 2 integrantes ata un máximo de 30.

CONVOCATORIA ABERTA DE NOVEMBRO A ABRIL

PREMIOS AUTONÓMICOS E NACIONAIS

  • Premios teatrais en todas as comunidades. (Ágora, 5 de xuño)
  • Oportunidade de actuar nun gran teatro de Madrid e Campus de Teatro para os premiados a nivel nacional.

APOIO E FORMACIÓN Ás vosas MONTAXES

  • Asesoría personalizada do persoal da Oficina Técnica do Concurso.
  • Talleres e encontros teatrais gratuítos para mozos e profesores. (Ágora, 28 de febreiro)
  • Tutoriales e material teatral.

INSCRICIÓN: ata o 15 de abril, en tres sinxelos pasos:

  1. Completar os datos no FORMULARIO ONLINE (con datos de grupo, centro, obra e responsables).
  2. ENVÍO DE FOTOS DO GRUPO E/Ou DA OBRA A teatrojoven@fundacioncocacola.com.
  3. ENVÍO DO VÍDEO DA MONTAXE.

E para calquera consulta sobre os premios ou asesoramento na vosa montaxe, tedes a disposición a Oficina Técnica dos Premios "Buero" de Teatro Novo. Tlfs. 91 725 83 22 / 667 987 937 correo-e: teatrojoven@fundacioncocacola.com


Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión