Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de danza "As décadas"

A escola de Baile Clásico "Estudo 1" da Sociedade de Sada presenta este festival, no que percorrerán as diferentes décadas e estilos do século XX a través das súas coreografías. Bailarán ao son de grandes éxitos coñecidos por todos.

Cando:

02/07/2014, de 20:30 a 21:45

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre con invitación.

Pilar Rey dirixe na actualidade a Escola de Baile Clásico da Sociedade de Sada, que se fundou no ano 1966, hoxe rebautizada como Escola de Danza "Estudo 1". Dende entón, un gran número de alumnos pasaron polas súas aulas.

Cada ano a escola prepara un festival de fin de curso que se presenta no local social da Sociedade e noutros lugares, como o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Auditorio da Casa de Cultura Pintor Llorens de Sada ou o centro cultural ÁGORA da Coruña.

No ano 2007, por exemplo, preparouse un traballo sobre o musical CATS, que representaron no Teatro Rosalía de Castro da Coruña; no 2013 o musical O Rei León, presentado no Centro Ágora da Coruña, entre outros.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión