Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de acordeóns 2014

Participan: Trío Acordeonia, Sons do Mendo, Grupo de Acordeóns da Asociación de Amigos do Acordeón e o Grupo de acordeóns da Escola Musical "Bieito Blanco"

Cando:

12/07/2014, de 18:30 a 20:30

Xa rematou

Horario:

18.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Organiza:

Asociación Amigos do Acordeón
Presenta: Nora Candanedo. Coa colaboración do humorista: Tito Valcarce.

TRÍO ACORDEONIA

Trío de acordeóns formado no seo da Asociación, por Luis Correa, Beatriz Deus e Polo Pérez.

  • Pequena Montañesa (popular tirolesa)
  • Ondas do Danubio (Yvanovich – Arr. M. Mascarenhas)

SONS DO MENDO

Sons do Mendo é un dúo formado por dous grandes mestres no seu instrumento: Sabela Caamaño, gran virtuosa do acordeón a pesar da súa mocidade e Xoán Carlos Rilo, gaiteiro de recoñecido prestixio. Este grupo, que interpreta tanto melodías tradicionais como de autor, mostra o resultado da conxunción sonora do timbre da gaita cos rexistros harmónicos e rítmicos do acordeón. Un proxecto que busca unha visión moderna e rica da nosa música tradicional.

  • Aires asturianos (tradicionais)
  • Pasodobre do Agoeiro/ Pasodobre dos Dezas (Xosé Ramón Rilo / tradicional)
  • Xota da Fontaneira / Xota de Forcarei (tradicionais)
  • Muiñeira de Cuenca (tradicional)
  • Lantzeko Ihauteria (tradicional vasca)

GRUPO DE ACORDEÓNS DA ASOCIACIÓN

Este grupo está formado por membros da Asociación que leva o seu nome. O grupo na súa actual formación ten cinco anos de existencia e actuou nas habituais "Xuntanzas de Nadal", nos "Festivais de Acordeóns" e en varios centros cívicos. Está dirixido por Luis Correa, actual presidente da asociación. A súa principal característica é que todos os seus compoñentes aprenderon a tocar o acordeón despois dos cincuenta anos.

  • Amor Rianxeiro (popular)
  • Mazurca dos Areeiras (tradicional)
  • Serenata de Acordeóns (J. A. Massía)
  • A bela Lola (popular)
  • O Morellano (P. Rodríguez Puga)

GRUPO DE ACORDEÓNS DA ESCOLA MUSICAL "BIEITO BLANCO" (OURENSE)

A ESMU Bieito Blanco fundada en 1996 polo seu actual director Bieito Blanco, foi a primeira escola de música recoñecida pola Xunta de Galicia en Ourense. Este grupo de acordeóns veñen actuando xuntos dende hai tres anos e as súas actuacións son sempre en eventos sen ánimo de lucro. Adoita ser un grupo de 9 acordeonistas, aínda que en eventos especiais únenselles os aumnos máis noveis para formar unha pequena orquestra de 22 membros.

  • Vals Doglio
  • Salió de jamaica
  • Añoranza
  • De colores
  • Francisco Alegre
  • Encantos de Cuenca
  • Uma casa portuguesa
  • Martinica
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión