Concello da Coruña

Concello da Coruña

Familia Caamagno no AgoraSón da primavera 2024

Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2024, con Familia Caamagno en concerto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/05/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.

Horario:

21.00 horas 

Duración:

70 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con invitación

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

Normalización Lingüística, o 10 de maio ás 21.00 h, volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

O evento terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o día 10 de maio ás 21.00 horas.

Familia Caamagno é unha banda ben coñecida no panorama musical galego que navega dende os confíns do garaxe ate o power pop e o rock & roll máis delicado. Estes furibundos "xa non tan rapaces" de Sigüeiro, están traballando nun novo material do que nos presentarán algún adianto. Antes festexaron polo país os seus álbumes "O mundo está derrotado" e "Había que intentalo" e os EP "Para unha vez que saímos" e "Hai que andar cos tempos".  Moi apoiados pola crítica e o público nos seus enérxicos directos, acadaron o primeiro premio no Concurso de Rock da Deputación da Coruña e o Premio Martín Códax da Música na categoría de rock.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais a partir do 6 de maio. (Estaba previsto para o venres 3 pero tívose que atrasar ao luns 6).

Repartimento de invitacións

Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 6 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento:

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os Horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión