Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición "MARCOPOLA: A illa remeira"

Exposición programada dentro das actividades do XVIII Salón do Cómic.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/08/2015 ata o 31/08/2015

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Con motivo da celebración dunha nova edición de Viñetas desde o Atlántico, o Centro Ágora acolle, un ano máis, unha exposición relacionada co mundo do cómic. Nesta ocasión poderemos gozar de "MARCOPOLA: A illa remeira".

Nesta exposición poderemos gozar das ilustracións que narran as aventuras MARCOPOLA, unha illa nómade que se desprazará en busca de aventuras e novos mundos que descubrir. Nela veremos debuxos desta serie de cómics, que xa vai pola súa terceira entrega, que fan as delicias dos máis pequenos da casa.

O seu autor, Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971), é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín, de Xerais, os libros "A gardería de dona Bixelmina" (2005), "A pedra e as formigas" (2006), "Mil cousas poden pasar. Libro I" (2009), premio Merlín de literatura infantil e "Mil cousas poden pasar. Libro 2" (2011).

Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con "As aventuras de Nunavut" de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: "O nacemento de Nunavut" (2003), "Un día de caza" (2003), "Sedna, a deusa do mar" (2004) e "O caribú namorado" (2005); ao que seguiron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc.

É tamén autor da serie de cómics "Os amigos de Archimboldo Roque", publicada na revista "Golfiño" (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica "dos Veces Breve", así como da segunda época da revista "BD Banda", na que desenvolve a serie titulada "Animais pantasma".

Co álbum de cómic "Aventuras de Cacauequi" (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña dentro da categoría de Cómics, e o nomeamento ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación.

É autor da serie de cómic para os primeiros lectores sobre a que versa esta exposición: "Marcopola. A illa Remeira"

"Lois Pereiro. Breve encontro" (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica. Mantén abertos dous blogues, onde publica adiantos das súas ilustracións e traballos:

http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/

http://milcousas.wordpress.com/

http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com/

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión