Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición fotográfica AIXAM

O fotógrafo Javier Brandido presenta AIXAM, selección fotográfica do espectáculo e libro homónimo "El puente invisible" do mago coruñés Kiko Pastur.

Cando:

Dende o 02/02/2015 ata o 14/02/2015

Xa rematou

Horario:

De 9 a 21 h. Sábados de 9 a 14 e de 16 a 21 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre.

El puente invisible (autoedición 2014) podería ser definido como unha sesión de maxia con baralla, cello, piano e violín, que non é pouco dicir, pero queda algo curto debido á experiencia visual e á atmosfera creada ao longo da construción da devandita ponte. Caos, poesía, Alicia, Nunca, Escher, soños, pesadelos, Rajmáninov e espellos son algúns dos elementos que conforman os piares desta auténtica e poética obra de enxeñería.

Esta exposición fotográfica, Aixam, xorde coa intención de introducir o observador descoñecedor das reviravoltas do mundo máxico nos asombrosos segredos da cartomaxia e marabillar o coñecedor capturando instantes asombrosos nun só fotograma.

Esta serie realizouse na Coruña entre setembro do 2013 e agosto do 2014 no Teatro Colón e nun estudo efémero instalado nun piso cun as de picas na porta.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión