Concello da Coruña

Concello da Coruña

Espantallo amigo

Espectáculo teatral d'Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia, Espantallo amigo, é unha adaptación da obra de Xosé Neira Vilas, dentro do programa de dinamización lingüística Nadal en rede 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A quen vai dirixido?:

Familiar.

Cando:

04/01/2015, de 18:30 a 19:30

Xa rematou

Horario:

18.30 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta.

Requisitos:

Recomendado para familias con nenas e nenos de máis de 7 anos.

A historia de Neira Vilas contada polas nenas e nenos protagonistas cando xa son adultos.

Espectáculo teatral d'Os Quinquilláns Teatro e a Editorial Galaxia, Espantallo Amigo é unha adaptación da obra de Xosé Neira Vilas, dentro do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Unha historia de xenerosidade. Teatro dentro do teatro. Unha obra para sorprendernos, para aprender pero tamén para pensar.

O espantallo que o tío Ramón coloca na figueira non só logra salvar a froita, tamén fai crecer nos habitantes da eira a necesidade de coidarse os uns aos outros. Unha vez conseguido isto, o espantallo aproveita un refacho de vento para ver mundo. Na súa viaxe, descobre a un neno e unha nena moi pobres e, nun acto de xenerosidade absoluta, decide deixar de existir para que os nenos teñan roupa, comida e leña para pasar o inverno.

A trama, creada por Xosé Neira Vilas, está contada, na versión teatral d'Os Quinquilláns, polos nenos que, no seu día, conseguiron superar a miseria grazas á xenerosidade do espantallo amigo e que, xa convertidos nun home e unha muller, queren facer unha montaxe teatral que mostre o sucedido.

Este espantallo amigo non é un “espantallo amigo” sen máis. Os Quinquilláns ofrécennos unha montaxe teatral que supón un diálogo espectacular e novo entre o teatro e a literatura, entre a narración e a representación. Unha forma diferente de ver o teatro. Unha maneira distinta de ler un libro.

Partindo da obra de Xosé Neira Vilas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez ofrécennos a súa lectura desta obra que xa viaxou polos teatros de medio mundo e que agora aterra en Galicia, acompañada do libro orixinal, en edición especial para esta campaña, para completar un traballo transversal que lles permitirá aos espectadores-lectores comprender as relacións entre as distintas linguaxes artísticas.

Ao mesmo tempo, momentos para a risa, a reflexión e, tras o teatro, para a lectura demorada na casa, xa que todos os que asistan sairán cun Espantallo amigo nas mans. Porque queremos que o pouso que quede dentro dos nosos corazóns despois de coñecer o espantallo e os outros dous adultos (que un día foron neno e nena, como o público asistente), agrome de volta na casa, co libro entre as mans, completando así o ciclo creativo que vai de Neira Vilas ata Os Quinquilláns e dos Quinquilláns a ti.

Recomendado para familias con nenas e nenos de +7 anos

Entrada gratuíta

As invitacións poderanse recoller na conserxería do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano, ata que se esgoten, dende o venres 26 de decembro, en horario de 9.00 a 20.00 h. Os domingos, festivos e os días 24 e 31 de decembro, o centro permanecerá pechado.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión