Concello da Coruña

Concello da Coruña

ELAS FALAN do grupo Ouriol

Un espectáculo poético musical sobre textos de 10 mulleres poetas procedentes de diversas épocas e linguas, traducidas ao galego por persoas de recoñecido prestixio neste campo.

Cando:

15/11/2014, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade.

Os textos escollidos, que pertencen a 10 mulleres poetas, manifestan dende o principio o noso interese en comunicar artisticamente ese ámbito do "feminino"; pois, a final de contas, a poesía é unha forma de coñecemento. E tamén como escribiu a nosa Luísa Villalta no seu poema Ritos de resistencia, e respecto da poesía: "Isto é poesía. Un ruído provocado. [...] Un tambor que esperta. [...] Isto é tamén unha muller que resiste".

As poetas que se inclúen nesta selección, que abarca un período que vai dende finais do XIX ao XXI, forman parte todas elas desa nómina recoñecida, por crítica e lectores, como cume da poesía universal. Ademais quixemos contar con poetas procedentes de diversas linguas traducidas ao galego por persoas de recoñecido prestixio neste campo. A tradución parécenos un diálogo lingüístico necesario entre culturas que redunda sempre en beneficio da vitalidade de diferentes idiomas.

Por outra banda, estas poetas, tan diferentes entre si, teñen en común unha experiencia vital intensa -a miúdo dramática- e, esencialmente, un compromiso radical co quefacer poético.

Elas son:

  • Anna Ajmátova (Rusia, 1889-1966). Tradución ao galego de Penélope Pedreira e Pilar Pallarés.
  • Marina Tsveitáieva (Rusia,1892-1941). Trad. de Pilar Pallarés.
  • Sylvia Plath (Boston, 1932-Londres, 1963). Trad. de Xoán Abeleira.
  • Alejandra Pizarnik (Bos Aires, 1936-1972). Trad. de Dores Tembrás.
  • Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004).
  • Nazik Al Malaika (Bagdad 1923-O Cairo 2007) Trad. de Teresa Seara.
  • Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922).
  • Clarice Lispector (Ucraína 1920- Río de Xaneiro, 1077).
  • Pilar Pallarés (Culleredo -A Coruña, 1957).
  • Wislava Szymborska (Polonia, 1923). Trad. de Pilar Pallarés.

 

O GRUPO OURIOL realiza os seus espectáculos dende un punto de partida: o máis importante é comunicar a palabra poética, sempre enlazada nas suxestivas sonoridades que, ademais, prodúcense no contacto instantáneo con ela. Neste sentido, son fundamentais tanto a concentración-constelación sonora como o silencio. E coherentemente con este propósito, a posta en escena é minimalista. Quere dicirse que non hai nin obxectos nin movementos que non sexan estritamente necesarios, de maneira que as distraccións sexan mínimas.

Así, sobre o escenario están os dous músicos Bernardo Martínez e Fito Ares cos seus instrumentos e a recitadora Eva Veiga. E como fondo significativo as imaxes que o artista Alfonso Costa realizou ex profeso para este espectáculo.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión