Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso de Iniciación ao Teatro Cómico e Clown

ESGOTADAS AS PRAZAS, ábrese unha lista de espera ata o 17 de setembro, destinada a cubrir as posibles renuncias. Para iso deberás chamar ao 981 184 294, de 10 a 14 e de 17 a 20 h.

A quen vai dirixido?:

Xuvenil

Cando:

Os días 23/09/2014 ás 17:00 , 24/09/2014 ás 17:00 , 29/09/2014 ás 17:00 , 30/09/2014 ás 17:00 , 22/09/2014 ás 17:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/09/2014 ata o 15/09/2014

Horario:

22, 23, 24, 29 e 30 de setembro, de 17.00 a 20.00 h.

Duración:

15 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Idade de 16 a 35 anos.

Inscrición previa (25 prazas): do 1 ao 15 de setembro, en http://www.coruna.es/servlet/Satellite?c=Page&cid=1235689205116&itemID=1408410993904&pagename=Nex%2FPage%2FNex-Generica&site=Nex

IMPORTANTE: No caso de que a persoa participante sexa menor de idade, deberá presentar autorización do pai/nai/titor legal, así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación.

Organiza:

Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Coruña

Documentos:

Autorización menores (33 KB)

Impartido por: Fran Rei ou Pedro Brandariz (da compañía Os sete magníficos máis un)

A combinación de clown de calidade e a promoción do galego será unha cápsula explosiva, algo novo, que axude á xente nova a cubrir as súas necesidades comunicativas á hora de explorar o mundo dun modo diferente: con humor e en galego.

Trátase de que a xente nova saiba que en galego pódese facer teatro de calidade, que tamén se pode facer rir, que poden crear personaxes propios na nosa lingua, o que lles vai dar unha nova perspectiva á hora tamén de comunicarse, xa que lles pode valer como unha porta aberta a expresarse en galego en máis situacións. Sen dúbida, o feito de que o idioma sexa unha parte imprescindible deste taller fará que os/as participantes o vexan non só como algo que se adoita estudar nas aulas, senón algo vivo, dinámico e coa capacidade de poder dar o salto para empregalo no seu día a día.

Buscaremos xogos de palabras cómicos, improvisacións a partir de expresións tradicionais galegas, a comicidade de determinados aspectos da lingua…, o que lle outorgará ao galego novas posibilidades, neste caso cómicas, que a mocidade poida facer súas, compartilas na súa contorna e, finalmente, representalas nun escenario.

Contidos e obxectivos:

  • O/a pallaso/a que libera.

Propoñemos xogar a ser calquera personaxe, poder facer calquera cousa. A xestión do noso ridículo e do ridículo dos demais é unha das ferramentas teatrais máis poderosas que existen. A través dos diferentes xogos de concentración e exercicios de habilidades estúpidas de cada un/unha (xestos esaxerados, ruídos estraños, movementos especiais, etc.) e sempre buscando o pracer -como os/as nenos/as cando xogan- iremos descubrindo onde está o noso pracer e o noso clown.

  • Xogos de complicidade e sensibilidade

No clown é moi importante a complicidade cos demais en escena. En todo momento debemos saber e intuír cando temos o foco e cando o recolle o noso compañeiro ou a nosa compañeira.

  • O pracer de ser ridículos/as

Todos/as, sen dúbida, somos ridículos/as. Chega con observar a nosa vida diaria para recoñecer as situacións máis ridículas que un/unha poida imaxinar. Neste taller trataremos de descubrir ese ridículo e de aprender a recorrer a el conscientemente, divertíndose e, sobre todo, divertindo o público.

  • Xogar a saber o que non sabemos

Se lle preguntamos a un neno ou a unha nena se sabe falar chinés, cantar ópera, algunha chave de karate ou desfilar como un modelo, seguramente nos contestará que si. Do mesmo xeito, o/a clown sempre pretende saber facer de todo, o seu optimismo non ten límites, como os/as nenos/as antes de que chegue a vergoña, os complexos e o sentido do ridículo, é dicir, cando se van facendo adultos/as.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión