Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso A expresión do clown I

Novo curso do proxecto Hangar Manicómico, organizado pola A.C. Manicómicos e impartido por Christine Rossignol seguindo a pedagoxía de Michel Dallaire, dirixido a artistas e público en xeral.

A quen vai dirixido?:

Curso dun carácter máis enfocado ao panorama artístico galego, aínda que calquera outra procedencia é benvida, e a un nivel de experiencia máis flexible.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/02/2015 ata o 20/02/2015

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/01/2015

Horario:

Do 14 ao 20 de febreiro do 2015 (17 día libre), de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Duración:

40 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

230 € público xeral / 200 € socios de Manicómicos e APGC (Asociación Profesional Galega de Circo)

Oíntes:

  • 10 €/ media xornada, 20 €/día - 80 € curso completo, público xeral /
  • 7,5 €/ media xornada, 15 €/día - 60 € curso completo, socios de Manicómicos e APGC (Asociación Profesional Galega de Circo)

Requisitos:

INSCRICIÓN PREVIA: mandando a ficha cuberta que atoparás en http://hangarmanicomico.blogspot.es/categoria/programa-2015/; por correo electrónico a: hangarmanicomico@hotmail.com

14 prazas.

Neste curso abórdase o traballo base da Expresión do clown dun modo máis lúdico e ameno sen profundar tanto na parte técnica, aprendendo a escoitar a expresión persoal para introducirse ao mundo do clown.

Buscando os mesmos obxectivos que no curso de Expresión do clown II, parte do traballo a partir de improvisacións en solitario, as súas regras e o impacto que estas teñen sobre a consciencia e a autoescoita. Trabállase dende unha perspectiva lúdica, ao atopar distintos personaxes fluídos e abertos, para aprender a tomar distancia entre un mesmo e o xogo do clown, en procura da reacción e a expresión ante un pretexto, en lugar da composición e a acción.

Este curso serve de ponte para poder optar a outros cursos que requiran experiencia no método Dallaire; como os seguintes programados pola A.C. Manicómicos para o 2015, enmarcados no proxecto Hangar Manicómico:

  • CLOWN E TÉCNICA, con Emmanuel Sémbel. Do 1 ao 7 abril (4 día de pausa) / 14 prazas / 40 horas.
  • A EXPRESIÓN DO CLOWN II, con Michel Dallaire. Do 2 ao 8 de xullo (5 día de pausa) / 14 prazas / 40 horas
  • PRETEXTO, con Michel Dallaire e Christine Rossignol. Do 14 ao 20 de outubro (17 día de pausa) / 14 prazas / 40 horas.

O Hangar Manicómico é un proxecto formativo nas artes do clown creado pola Asociación Cultural Manicómicos, que xorde da fusión de enerxías co Hangar des Mines.

Despois de tres anos consecutivos impartindo a través de Manicómicos o curso "A expresión do clown", vendo a cada vez máis notable repercusión a nivel nacional, e sentíndose moi ben acollido na nosa cidade, Michel Dallaire manifestou o seu desexo de crear unha sede da súa escola, o Hangar des Mines no sur de Francia, na Coruña. É así como en xaneiro do 2014, coincidindo co X aniversario de Manicómicos, nace este proxecto "Hangar Manicómico".

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión