Concello da Coruña

Concello da Coruña

Creativos anónimos: Sumar, encaixar

Próxima reunión de Creativos Anónimos na que o fío de diálogo que abordaremos será: Sumar, encaixar.

A quen vai dirixido?:

Creativos de diversas disciplinas tales como deseñadores, arquitectos, artistas, ilustradores ou cineastas.

Cando:

25/04/2014, de 18:00 a 20:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/04/2014 ata o 23/04/2014

Horario:

18.00 h.

Duración:

2 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Todas as persoas que desexen asistir deben confirmar a súa asistencia a través de creativosanonimoscor@gmail.com polo menos 48 horas antes da data da reunión.

Se non é así serán emprazadas para a reunión do mes seguinte.

Páxina web:

http://creativosanonimos.tumblr.com

Dedicaremos esta sesión para reflexionar sobre o futuro de Nórtika e cómo establecer unha base e unha estratexia á hora de situar Nórtika na escena creativa en Galicia de maneira que poida convivir da mellor maneira posible con outras iniciativas e asociacións.

Doutra banda cerraremos temas abertos relacionados coas nosas primeiras actividades máis aló das reunións de Creativos Anónimos.

É necesario que todos aqueles que queren formar parte activa e constante neste equipo acudan á reunión para comezar a definir un método de traballo e enfocar as primeiras actividades. Por outra banda usaremos as vosas impresións e a vosa experiencia en equipos para dialogar e reflexionar sobre este tipo de propostas.

Se aínda non estás apuntado en Creativos Anónimos só tes que enviar un email a creativosanonimoscor@gmail.com cos seguintes datos: Asunto CA A Coruña ou CA Compostela (segundo a cidade na que desexes participar) Nome e apelidos, profesión, sitio web (Facebook e Twitter).

Para máis información sobre a iniciativa visita www.creativosanonimos.tumblr.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión