Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consumo consciente: ideas prácticas

Charla de Toni Lodeiro dentro do ciclo de encontros participativos da "biblioteca verde" da Biblioteca Municipal Ágora.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/02/2015, de 19:00 a 20:30

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre, ata completar capacidade.

Organiza:

Bibliotecas Municipais

Toni Lodeiro, autor do libro Consumir menos, vivir mejor e redactor da revista Opciones. Consumo y estilos de vida transformadores (http://www.nodo50.org/consumirmenosvivirmejor/?page_ide=141).

Comida, roupa, enerxía, lecer, banca, telefonía... cando intentamos consumir de maneira "diferente" son moitas as preguntas, dificultades e inseguridades que atopamos no camiño. Ofrécese un espazo ameno e participativo para aclarar dúbidas e atopar inspiración con novas propostas.

Dende o mes de xaneiro do 2014 as Bibliotecas Municipais inauguraron unha nova liña de traballo arredor da sostenibilidade, con intención de ofrecer información e recursos sobre natureza, ecoloxía, medio ambiente e desenvolvemento sostible: o Centro de Interese Biblioteca Verde, unha selección de recursos sobre sostenibilidade, ecoloxía e medio ambiente, que pretende espertar o interese e servir de orientación inicial para aproximarnos a estes temas.

Dende entón, nas bibliotecas municipais, existe un espazo no que se pode consultar e levar en préstamo libros, revistas, documentais e películas relacionadas coa sostenibilidade. Tamén che ofrece recursos web e noticias de interese sobre a conservación do medio ambiente, o consumo responsable, a alimentación consciente, a banca ética, as enerxías renovables, a agricultura ecolóxica, a movilidade sostible....

Paralelamente vénse programando un ciclo de encontros participativos, co fin de crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sostenibilidade.

Os temas que se tratarán durante o primeiro semestre do 2015 son:

  • Mércores, 28 de xaneiro: Hortas urbanas, na Biblioteca de Castrillón
  • Xoves, 19 de febreiro: Consumo consciente: ideas prácticas, na Biblioteca Ágora
  • Mércores, 25 de marzo: Comunidades en transición, na Biblioteca Infantil e Xuvenil
  • Xoves, 23 de abril: Consumo consciente e transformador, na Biblioteca dos Rosales
  • Mércores, 27 de maio: Moda sostible, na Biblioteca de Monte Alto

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión