Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto-taller SON XOGOS, XOGOS SON

PRAZAS ESGOTADAS. Concerto-taller de xogos-bailes tradicionais combinados coas cancións máis modernas do autor Pablo Díaz

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 9 anos, acompañados dunha persoa adulta.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

07/03/2015, de 12:00 a 13:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/03/2015 ata o 06/03/2015

Horario:

12.00 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Inscrición previa, na conserxería do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888, dende o luns 2 de marzo ata o venres 6 de marzo ás 14.00 h, ata cubrir as prazas (40).

Con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas, montaremos unha pequena orquestra coas nenas e nenos que asitan aos talleres. Imos repartir entre as nenas e nenos instrumentos de percusión menor (pandereitas, axóuxeres, claves etc.), que terán que acompañar as melodías de Pablo Díaz e Olga Kirk.

Aprenderemos algúns dos xogos das avoas, bailarémolos e acabaremos aprendendo bailes, coros e coreografías dalgúns dos temas máis populares de TIC TAC, TOC TOC e XENTE MIÚDA, MOITA FARTURA.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión