Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto en familia. O CREBANOCES

A Banda Municipal de Música da Coruña e Larraitz Urruzola únense para mesturar no escenario música e monicreques. A suite de Tchaikowsky cobrará vida nas mans de Larraitz Urruzola para contarnos a todos unha marabillosa historia de Nadal.

Cando:

06/12/2014, de 12:00 a 13:00

Xa rematou

Horario:

12.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Adultos: 5,00 €.
  • Menores de 18 anos: 2,00 €.
  • Menores de 3 anos que non ocupen asento: gratuíta.

Televenda:

Abanca

Páxina web:

www.sinfonicadegalicia.com

Organiza:

OSG

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño cóntalle a historia do boneco "Crebanoces", xa que en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

Dirección: Eduardo R. Cunha "Tatán" e Santi Prego

Dirección da Banda: Jose Luis Represas

Idade recomendada: de 6 a 9 anos.

Os concertos en familia forman parte do ciclo de concertos didácticos, organizados pola Orquestra Sinfónica de Galicia, orientada ao público familiar co obxectivo de achegar os máis pequenos da familia a escoitar música en directo, socializando ao máximo o acceso á música. A programación está deseñada para que público de diversas idades comparta a emoción do encontro artístico que supón un concerto, cada un deles é único e irrepetible.

VENDA DE LOCALIDADES:

  • Servizo de venda de entradas de Abanca no teléfono 902 43 44 43, en horario de 8.00 a 22.00 h. de luns a venres e os sábados de 9.00 a 14.00 h.
  • Servizo de venda de entradas en internet www.novagaliciabanco.es durante as 24 horas do día.
  • Despacho de billetes do Ágora: unha hora antes do concerto. Pago en efectivo.

As localidades non son numeradas.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión