Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG)

A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG) presenta nesta ocasión un programa moi variado que abarca músicas de períodos e compositores moi diversos: W.A. Mozart, H.Burgoyne, A. Vivaldi, E. Grieg e o brasileiro E. Aguiar.

Cando:

24/05/2014, de 12:00 a 13:00

Xa rematou

Horario:

12.00 h.

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

IMCE-OSG

Comezará o GRUPO DOS MÁIS PEQUENOS que presentará un par de danzas alemás do sempre xenial W.A. Mozart e continuará cunha divertida suite da profesora H. Burgoyne que percorrerá en cinco movementos distintos momentos do día: ao levantarse, ao mediodía cun paseo, pola tarde xogando no parque, un momento de televisión cunha serie de intriga e unha festa na "disco".

Despois tocaralle a quenda ao GRUPO DE MAIORES que comezará a súa intervención coa sinfonía "Alla rústica" de A. Vivaldi, viaxaremos ao norte con dúas pezas do compositor noruegués E. Grieg e saltaremos o charco para gozar dunha suite do composior brasileiro E. Aguiar que nos fará lembrar os ritmos do continente americano.

A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG), formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, achega os cimentos da formación grupal necesaria para a práctica da música en orquestra sinfónica. Baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo, a ONSG ofreceu o seu primeiro concerto público na Coruña en abril do 2011.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión