Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coa lingua fóra

Coa lingua de fóra é un programa da Biblioteca Ágora centrado en ofrecer a posibilidade de practicar a conversa en diferentes linguas de forma gratuíta, informal e dinamizada por unha persoa nativa de cada unha delas.

A quen vai dirixido?:

• Persoas cun certo grao de coñecemento da lingua na que queiran anotarse. 

Cando:

Dende o 13/01/2014 ás 19:00 ata o 30/06/2014 ás 20:30 , os luns, martes, mércores, xoves e venres

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2013 ata o 28/09/2013

Horario:

De 19.00 a 20.30 h.

Luns: italiano.

Martes: galego.

Mércores: galego para inmigrantes.

Xoves: inglés e francés.

Venres: alemán.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora

Prezo:

Actividade gratuíta.

Requisitos:

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao teléfono 981 189 886.

Cada usuario só se poderá apuntar a un idioma.

A selección farase por sorteo no caso nos que haxa máis persoas inscritas que prazas (15 por idioma).

Organiza:

Biblioteca Ágora

Cada un dos grupos de conversa do programa está composto por quince persoas, que se anotaron previamente na Biblioteca Ágora. Nalgúns casos, pola demanda existente, é necesario recorrer a sorteos para a selección das persoas que conforman os grupos. A asistencia non é obrigatoria, pero con tres ausencias pérdese o dereito a participar e procédese a avisar as persoas que figuran na lista de reserva.

Ten como obxectivos:

- Reforzar o coñecemento de idiomas a través da práctica semanal en grupos de lectura e conversa conducidos por persoas voluntarias e cuxa lingua nativa ou de formación sexa a do grupo que dinamiza.

- Difundir o fondo específico da biblioteca relacionado con textos literarios e divulgativos en linguas estranxeiras así como os manuais, gramáticas e lecturas graduadas nos distintos idiomas (sección Babel).

Non é unha actividade pensada para a aprendizaxe básica dunha lingua, senón para reforzar e consolidar os coñecementos a partir da súa práctica oral e a través do traballo en grupos de lectura e conversación.

As conversas dos asistentes xirarán arredor de textos literarios, informativos ou ensaísticos en diferentes linguas; e serán coordinadas por un/a voluntario/a nativo/a de cada idioma.

A oferta de grupos de idiomas é a seguinte:

Os luns, italiano.

Os martes, galego.

Os mércores, galego para inmigrantes.

Os xoves, inglés e francés.

Os venres, alemán.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión