Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Cine con agallas"

O "Festival Marea Alta", en colaboración con Marine Stewardship Council (MSC) presenta unha mostra con moito sentido do humor e un bonito xogo de palabras nas que as películas máis famosas da historia do cinema transfórmanse en mensaxes de respecto e concienciación a favor da saúde dos océanos e das especies que os habitan.

Cando:

Dende o 16/09/2014 ata o 30/09/2014

Xa rematou

Horario:

De 12 a 14 e de 18 a 21 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

www.festivalmareaalta.org,

Mediante a transformación de imaxes icónicas do cinema, MSC quere atraer a nosa atención sobre a necesidade de fomentar a pesca sostible e os hábitos de consumo responsable.

Marine Stewardship Council (MSC) é unha organización internacional, independente e sen ánimo de lucro, que xestiona un ambicioso programa de certificación e ecoetiquetado creado co obxectivo de transformar o mercado dos produtos pesqueiros cara á sostenibilidade.

Festival Marea Alta é un evento multidisciplinar de celebración dos océanos como fonte de vida e de concienciación da importancia de preservar os mares. A través de exposicións, talleres, proxeccións, gastronomía e moito máis poderás chegar a coñecer qué podemos facer para salvar os nosos océanos.

+ info: www.festivalmareaalta.org, FB: FestivalMareaAlta, TW; @FestMareaAlta

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión