Concello da Coruña

Concello da Coruña

BEBENCONTROS na Biblioteca Ágora

Programa de animación lectora destinado a nenos e nenas de entre 0 e 24 meses.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 26/04/2014 ás 11:30 , 24/05/2014 ás 11:30 , 26/10/2013 ás 11:30 , 23/11/2013 ás 11:30 , 21/12/2013 ás 11:30 , 25/01/2014 ás 11:30 , 22/02/2014 ás 11:30 , 22/03/2014 ás 11:30

Xa rematou

Horario:

Sábado. 11.30 h para bebés de 0 a 12 meses e 18.00 h para bebés de 13 a 24 meses.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto con reserva de praza previa. (10 prazas por sesión).

Ás 10.00 h da mañá do luns anterior a cada sesión habilítase no blog de bibliotecas un formulario de preinscrición.

Este trámite poderase facer de dúas maneiras:

  • Presencial: en calquera das bibliotecas municipais.
  • A través da páxina web: cubrindo un formulario para poder reservar unha invitación.

Esta preinscrición non asegura a obtención de praza. Atenderanse todas as solicitudes por rigorosa orde de entrada.

As persoas con praza serán contactadas dende a Biblioteca, ao longo dos dous días seguintes á inscrición, por correo electrónico para a confirmación da súa invitación ou de que está en lista de espera.

Debe acudir a recoller a súa invitación o venres anterior á sesión. En caso de non poder asistir, por favor, notifíqueo canto antes ao seguinte enderezo de correo electrónico: bibliotecas@coruna.es

Organiza:

Bibliotecas Municipais

Os Bebencontros son sesións realizadas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña: Ágora, Fórum e Os Rosales, e tamén na Infantil e Xuvenil.

Nestas sesións bríndaselles ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros.

Bbencontros Ágora: realízanse un sábado ao mes e organízanse en diferentes sesións de acordo á idade dos bebés, de 0 a 12 meses polas mañás e de 13 a 24 meses polas tardes.

Os "Bebencontros" son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das bibliotecas municipais poderán levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión