Concello da Coruña

Concello da Coruña

BB Circus - Asacocirco

LOCALIDADES ESGOTADAS PARA AS DÚAS FUNCIÓNS

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

08/05/2016

Xa rematou

Horario:

11.00 e 12.30 h

Duración:

45 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 euros (abono 3 familiar: 15,00 euros) (o abono inclúe como mínimo un adulto e un menor)

Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada.

Capacidade reducida.

 

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa completo Bebescena Primavera 2016 (3 MB)

BB Circus é a historia do soño dun neno. O pequeno Martín está medrando e descubrindo as pequenas posibilidades que van aparecendo no seu mundo. Aprende saltando, perfeccionando as súas piruetas acrobáticas e ata vai á escola camiñando sobre as súas mans. Martín baila pompas de xabón, fai malabarismos con todo tipo de obxectos e gústalle observar a natureza. Sorpréndese do crecemento das flores e salta cos animais que atopa no seu camiño, coma Rufino, un paxaro que fala e no que encontra o sentido da amizade.

BB Circus é un espectáculo no que o novo circo e a música en directo conseguen atraer os máis pequenos e as súas familias a un mundo máxico.

Dirección: Juan Moredo

Intérpretes: Serxio Crespo Gómez, Joao Alvim e Araujo, Miriam Crespo Gómez

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.20 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Agora: día do espectáculo dende 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Venda telefónica: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00; sábados de 14.00 a 22.00; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión