Cuarto espectáculo do ciclo "Ilusiooóh!n" da compañía "18è Circ d.'Hivern do Ateneu Popular 9 Barris", que se revolve na arte cunha mirada sen complexos, xestual, emocional e irreverente... a mirada do circo.
Familiar.
07/12/2014, de 21:00 a 22:10
Xa rematou
21.00 h
70 minutos
Venda anticipada: 12 €
Día de función, prezo único: 15 €
Recomendado a partir de 12 anos.
Non vos perdestes nunca no labirinto dun museo? Chega un momento no que perdes a noción do tempo e do espazo e entras nunha especie de mareo que te atrapa e te hipnotiza. Isto é o que lle pasa a un grupo de amigos.
Cadros de pintores como Leonardo Da Vinci, Egon Schiele, Antonello da Messina, Arcimboldo, Georg Baselitz, Malevich, Goya ou Joan Miró provocan situacións límite a estes cinco protagonistas.
O espectáculo revólvese na arte cunha mirada sen complexos, xestual, emocional e irreverente... a mirada do circo. A pintura queda en perigosas mans: a duns artistas, os artistas de circo, con disciplinas como a acrobacia, os equilibrios sobre obxectos, a corda lisa, a roda Cyr e os equilibrios man a man...
AAART! é un espectáculo precioso, fráxil e con moitas capas de lectura ideal para todos os públicos.
VENDA DE ENTRADAS:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible