Concello da Coruña

Concello da Coruña

A noite vai coma un río

Grupo de teatro do Ágora

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/06/2016 ata o 04/06/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta, con invitación.

As invitacións (máximo 4 por persoa) poderanse recoller na conserxería do Centro Ágora, desde o luns 23 de maio, ás 9.00 h ata que se esgoten.

 

Un ano máis o grupo de teatro do Ágora chegado o mes de xuño estrea montaxe.

Nesta ocasión unha obra de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Victor Díaz Barús, fará as delicias do público co seu xa demostrado bo facer.

Nesta peza teatral, na que predomina o elemento lírico, Cunqueiro preséntanos un amplo abano de personaxes cun elemento en común: todos eles van fuxindo da guerra. No medio de todo o movemento de mulleres, esmoleiros e soldados, dona Inés e a súa ama Modesta, contemplan pasar a vida dende a torre na que habitan, alimentando os dispares personaxes que as visitan, os soños de amor de dona Inés.

Invitacións na conserxería do Centro Ágora a partir do día 23

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión