Concello da Coruña

Concello da Coruña

2º Festival Solidario Infantil Xacarandaina

Festival organizado pola Asociación Cultural Xacarandaina en favor do Banco de Alimentos da Coruña.

Cando:

27/12/2014, de 18:00 a 20:00

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

2 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 1 quilo de alimento.

Organiza:

AC Xacarandaina

No Festival, ademais de participar os grupos infantís da Asociación Xacarandaina, teremos como convidados o grupo Asociación Xuvenil Xiradela (Arteixo) e A.CeD. A Meda (O Castro-Sada) e a actuación especial do GMBT Xacarandaina dirixido por Henrique Peón.

A entrada ao evento será un quilo de alimento, que será recollido a partir das 17.30 horas na entrada ao auditorio e serán doados ao Banco de alimentos da Coruña.

Con este acto, Xacarandaina, coa colaboración desinteresada de todos os seus alumnos, pretende achegar unha pequena axuda aos máis necesitados.

PROGRAMA:

GRUPOS INFANTÍS DE XACARANDAINA:

  • GORECHOS PANDERETEIROS: Valse de Cerqueda e pasodobre de Pedroso-Oirós
  • REBULDEIROS: Regueifa de Pazos de Antes -Santa Comba
  • PILLABÁNS: Muiñeira da Roxica
  • GORECHOS BAILADORES MÉRCORES: Muiñeira
  • FOLERPAS
  • PAPOULA: Muiñeira
  • RIDEIRAS: Canto de merenda, muiñeira e rumba de Lourido (Covelo-Pontevedra)
  • GARAGAO: Muiñeira e Xota de Bardáns-Tordoia
  • CASCARILLEIROS: Muiñeira
  • ZARZALLO: Muiñeira de Buscás (Ordes)
  • O RODICIO: Xota da Pontragha

ASOC. XUVENIL XIRADELA (Arteixo)

A. C. e D. A MEDA (O Castro-Sada)

GRUPO DE MÚSICA E BAILE TTRADICIONAL XACARANDAINA

Panxoliña “Muxicas do ceo”, Muxicas, interpretada por todas as persoas participantes.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión