ESGOTADAS AS PRAZAS. Concerto-taller de xogos-bailes tradicionais combinados coas cancións máis modernas do autor Pablo Díaz
Dirixido a nenas e nenos de 4 a 9 anos, acompañados dunha persoa adulta.
Familias, Para público en xeral
09/05/2015, de 12:00 a 13:00
Xa rematou
Dende o 27/04/2015 ata o 06/05/2015
12.00 h.
1 hora
Gratuíto.
Inscrición previa, na conserxería do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888, dende o luns 27 de abril ata cubrir as prazas (40).
Con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas, montaremos unha pequena orquestra coas nenas e nenos que asitan aos talleres. Imos repartir entre as nenas e nenos instrumentos de percusión menor (pandereitas, axóuxeres, claves etc.), que terán que acompañar as melodías de Pablo Díaz e Olga Kirk.
Aprenderemos algúns dos xogos das avoas, bailarémolos e acabaremos aprendendo bailes, coros e coreografías dalgúns dos temas máis populares de TIC TAC, TOC TOC e XENTE MIÚDA, MOITA FARTURA.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible