Concello da Coruña

Concello da Coruña

Zona de directores - Coruñafilm

Unha oportunidade para compartir experiencias, valorar traballos, debater sobre novos modelos e coñecer as reviravoltas da industria do cine.

A quen vai dirixido?:

Directores e realizadores maiores de idade, con todo tipo de perfís e traxectorias.

Cando:

05/10/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

de 10 a 14 h e de 16 a 18 h.

Centro Ágora - Aula 8.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, con inscrición previa e prazas limitadas (número de prazas: 20).

 



Os participantes desta actividade terán a oportunidade de presentar e mostrarlles os seus traballos a 3 membros dun equipo de recoñecidos directores da industria cinematográfica española, que os asesorarán, encauzarán e orientarán sobre qué liña e dirección deben tomar. Cada participante terá 3 citas de 25 minutos con membros do seguinte panel de cineastas: 

Jorge Coira

Mar Coll

Jaime Chávarri

Paco Plaza

Queda suspendida a participación de Santiago Tabernero

Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición da actividade (antes do 30 de setembro), onde se requirirá a seguinte información:

- Breve biografía da traxectoria e obras cinematográficas realizadas.

- Link ao perfil en Youtube, Vimeo, páxina web, blog ou calquera outra plataforma onde figuren traballos ou unha selección dos momentos máis significativos da traxectoria da persoa participante.

De entre todas as propostas presentadas, seleccionaranse 20 finalistas, elixidos polos seguintes criterios: uso da narrativa audiovisual, calidade artística e valor estético das súas obras.

En canto se coñeza o resultado da selección, a organización do Festival poñerase en contacto con cada participante para confirmarlle a súa asistencia e o horario das súas citas.

 

Jorge Coira (Rábade, 1971) dirixiu numerosas cortas como Nóctifer, "As xoias da Señora Bianconero" ou "A ti como se che di adeus". Comezou a súa carreira profesional na Televisión de Galicia e máis tarde conduciu a súa traxectoria cara á escritura de guións e a dirección. Estivo ao mando de series de ficción para TVG, TVE e Telecinco, como "Mareas vivas", "Terra de Miranda", "El comisario", "Pelotas" e "Piratas", ademais de documentais como Chunda, chunda, Días de reparto e ¿Qué culpa tiene el tomate?, este último estreado no MoMA de Nova York no 2009. Xa no 2002 estreara, con moi boa acollida, a tv movie "Entre bateas", sobre o mundo do narcotráfico nas costas galegas. Pero no 2004 chegou unha nova oportunidade coa súa primeira longametraxe de ficción, El año de la garrapata, que se presentou no Festival de Málaga. No 2010 estrearía a súa segunda película, "18 comidas".

Mar Coll (Barcelona, 1981). Só unha curtametraxe, La última polaroid (2004) deu a coñecer o seu talento en España e en América do Sur, despois de gañar o terceiro premio no Festival Iberoamericano de Curtametraxes e o Nova Autoría á mellor dirección no de Sitges. Pero a súa primeira longametraxe, Tres días con la familia, unha película moi persoal, sen artificio nin dramatización envolta no contorno burgués dunha familia barcelonesa, destacouna como unha das promesas do cine español, deixou impresionado o xurado da Academia de Cine e foi galardoada co Goya 2010 á Mellor Dirección novel, ademais da Biznaga de Prata á Mellor Dirección e dous premios máis no Festival de Málaga. Admiradora do cine e da cultura francesa, escribiu o guión e dirixiu Todos queremos lo mejor para ella, filme que se presentará na SEMINCI o 19 de outubro.

Jaime Chávarri (Madrid, 1943). Comezou no mundo do cine escribindo crítica para a revista Film Ideal e empezou a rodar longametraxes en Super 8, ademais de ser director artístico de Víctor Erice en El espíritu de la colmena e de Carlos Saura en Ana y los lobos, e máis tarde guionista de películas como Amo tu cama rica. Aínda que a súa primeira longametraxe foi Run, Blancanieves, run (1967), a súa primeira obra comercial materializouse en 1973 co título Los viajes escolares, continuada dalgún modo en 1985 en El río de oro. Exitosas e recoñecidas foron A un dios desconocido, Dedicatoria ou o documental El desencanto, sobre a familia de Leopoldo Panero, producidas por Elías Querejeta. E posteriormente as adaptacións de novelas como Las bicicletas son para el verano, Tierno verano de lujurias y azoteas ou La sala de las muñecas, onde debullaba todo o seu talento. Mestre de mestres, tamén rodou musicais como Las cosas del querer, e longametraxes como Besos para todos, El año del diluvio e Camarón.

Paco Plaza (Valencia, 1973). A súa primeira curtametraxe, Tropismos, estreouse en 1995, á que seguiron Tarzán en el Café de Lisboa, Abuelitos e Puzzles. A súa primeira longametraxe, El segundo nombre, estreouse no 2002. Dous anos máis tarde faríao Romasanta, la caza de la bestia. O seu gran recoñecemento chegoulle coa exitosa saga REC que comezou no 2007 coa primeira parte e que concluíu no 2012 con [REC] Génesis. Un proxecto que compartiu con Jaume Balagueró.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión