Nova edición do concurso de pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista de toda Galicia, co obxectivo de poñer en valor a música tradicional e mostrar a gran variedade de ritmos, toques e modos de cantar e tocar.
Para público en xeral
24/05/2015, de 10:30 a 20:00
Xa rematou
Dende o 01/04/2015 ata o 09/05/2015
Sesión de mañá: de 10.30 a 14.00 h.
Sesión de tarde: de 16.30 a 20.00/20.30 h.
Sesión de mañá ou de tarde 5.00 € (Abono 2 sesións: 8.00 €)
Venda de entradas
Este concurso consta de tres modalidades diferentes: pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista. No apartado de pandeireteiros/as conta con tres categorías, mentres que nos de cuartetos de gaita e de gaiteiro solista existirá unha única categoría. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos compoñentes do grupo e que ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.
No concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas, asociacións xuvenís, etc. e todos os gaiteiros solistas que o desexen procedentes de toda Galicia. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional.
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda o dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade e dificultade da peza, afinación e interpretación e expresividade na interpretación. http://www.xacarandaina.com/index.php?option=com_content&view=article&ide=12&Itemid=18&lang=gl
Máis información en http://www.xacarandaina.gal/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible