8 grupos noveis residentes nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña.
Para público en xeral
20/01/2017
Xa rematou
19.00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Con invitación (dispoñibles no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, nos propios locais de ensaio e na tarde do evento, na conserxería do Centro Ágora)
* Para acceder ao auditorio é necesario acompañar a invitación cunha doazón de 3 kg/l de alimentos non perecedoiros a favor da Cociña Económica (pasta, zume en brick, conservas, café moído, embutido envasado, caldo de pito en brick, azucre, sal e vinagre, preferentemente)
Ademais, nesta décimo primeira edición, o festival solidario contará durante a celebración cunha barra solidaria con produtos de comercio xusto a cargo de Intermon-Oxfam.
A parte máis pop e Indie do concerto virá da man de Pleasure, Reminders, Sala 5 e Proyecto Moucho que darán paso á parte máis rockeira e metal do evento a cargo de Last Night Promise, JEMP, Ingravity e Harakiri.
Este evento solidario, con carácter semestral, tenta ser un trampolín para os grupos noveis, visibilizando a canteira musical de calidade coa que conta a cidade. En edicións anteriores, este escenario do festival viu debutar a grupos como Say My Name e The Sonic Headlight, grupos que despois formaron parte de festivais consagrados como o Noroeste EG, e grupos especialmente activos na escena local actual, como Jules & The Wolf e Quetzal Riders.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible