Concello da Coruña

Concello da Coruña

Voces contra a trata. Os dereitos das mulleres a escena.

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Médicos do Mundo-Galicia xunta nun mesmo espazo e baixo a reivindicación dos dereitos das mulleres a un grupo de artistas femininas do campo da música e da fotografía residentes en Galicia.

Cando:

21/11/2014, de 20:30 a 23:45

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta con invitación.

 

En Médicos do Mundo queremos dar visibilidade á trata con fins de explotación sexual, unha das formas máis cruentas de violencia contra as mulleres e un problema con ampla presenza en Galicia, que afecta a un número importante de mulleres aquí, ao noso lado.

PROGRAMACIÓN DO ACTO

19.00 – 20.30 h. Presentación da exposición e visita guiada á exposición. A cargo de Médicos do Mundo e as autoras e autor.

20.30  h. Concerto.

21.00 – 21.30 h. Presentación do acto e proxección da curtametraxe "Escúchame" de Mabel Lozano, onde unha vítima de trata interprétase a si mesma.

21.30 – 23.45 h. Concerto: Voces contra a trata.

Cantantes: Najla Shami, Marian Ledesma, Soultrack e La senda de Afra.

As invitacións poden retirarse na conserxería do Ágora e nas sedes de Médicos do Mundo-Galicia:

  • A Coruña: Centro Municipal de Información ás Mulleres, r/ Hortensias s/n, baixo.
  • Santiago de Compostela. R/ Galeras, 13-2º.
  • Vigo: R/ Illas Baleares, 15
  • Teléfonos de contacto: 981 578 182 / 628 467 595
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión