Concello da Coruña

Concello da Coruña

Valérie Tasso- Libros en directo

O ciclo "Libros en directo" recibe a autora francesa Valérie Tasso para a presentación de "El método Valérie", un libro que profunda nun dos grandes temas da psicoloxía humana: a sedución.

Cando:

26/03/2014, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

O libro El método Valérie (Praza&Janés, 2013), é un tratado completo sobre sexo e sedución, cun ton divulgativo e en ocasións humorístico no que, lonxe da frivolidade, subxace unha idea moito máis revolucionaria: a auténtica emancipación da muller.

Neste libro, a autora francesa, sen un chisco de frivolidade, aborda un dos grandes temas da psicoloxía humana: a sedución. O seu variado contido desmárcao dos manuais ao uso e facilita que as lectoras aprendan máis sobre si mesmas e o mundo que as rodea. Non se trata de converternos en alguén que non somos, senón de aproveitar as nosas virtudes, de mellorar as nosas técnicas e abolir os tabús que durante tanto tempo pesaron sobre a muller. Cres que o sabes todo sobre o bico, a vaxina, o clítoris, o pene, o orgasmo, as fantasías eróticas, o sexo virtual, as lecturas eróticas e a bondage, entre moitos outros temas? Grazas á súa extensa formación, Valérie Tasso elaborou un manual de sedución completo e sólido, narrado co seu estilo desenfadado e repleto de información, que seguro seducirá a moitos lectores.

Participante asidua de programas de televisión, radio, xornais e revistas, Valérie Tasso irrompeu no panorama literario con Diario de una ninfómana (2003), que vendeu máis de 100.000 exemplares só en España e publicouse tamén con grande éxito nunha vintena de países, onde a súa cifra de lectores ascendeu ata o medio millón.

Tras Diario de una ninfómana, cuxa adaptación cinematográfica se estreou en máis de corenta países, Tasso publicou Paris, la nuit (2004), El otro lado del sexo (2006), Antimanual de sexo (2008), Sabré cada uno de tus secretos (2010) e Diario de una mujer pública (2011).

O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.

Os próximos autores que participarán no ciclo Libros en directo son: Eloy Tizón, o 21 de abril, e Lola López Mondéjar, o 21 de maio.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión