Concello da Coruña

Concello da Coruña

Son Futuras Promesas 2017

Son Futuro é un programa que ten como principal obxectivo darlles unha oportunidade aos novos valores, visibilizando o seu talento, á vez que se sensibiliza e fideliza o público máis novo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/03/2017 ata o 11/06/2017

Xa rematou

Horario:

12.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade

Organiza:

OSG

Contacto:

Tel.: 981 252 021

Documentos:

Dossier Son Futuro 2017 (305 KB)

Son Futuro aglutina outras actividades educativas e formativas da Orquestra Sinfónica de Galicia xa que, ademais de impulsar a formación de novos artistas a través da "Orquestra de nenos", a "Orquestra xove", os "Nenos Cantores" e o "Coro Xove", organízanse programas didácticos específicos para internarse no coñecemento da música e da súa historia como os "Concertos didácticos "e "Concertos en familia".

O programa educativo da OSG, nos seus vinte anos de vida, achegou a decenas de miles de nenos/as e mocidade a ópera, o ballet, a música sinfónica e a de cámara.

O proxecto conta co patrocinio da Fundación Repsol desde o ano 2013

PROGRAMA 2017

- domingo 5 de febreiro

ORQUESTRAS DE NENOS DA OSG

- domingo 19 de marzo

CORO XOVE DA OSG

- domingo 23 de abril

SOLISTAS OJSG

- domingo 21 de maio

NENOS CANTORES DA OSG

- domingo 11 de xuño

ORQUESTRA DE NENOS DA OSG

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión