Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxecta a túa curta - Coruñafilm

Coa vocación de apoiar e servir de escaparate aos novos creadores, Coruñafilm propón que público e profesionais poidan ver curtametraxes de novos creadores e amateurs en pantalla grande.

Cando:

Dende o 04/10/2013 ata o 05/10/2013

Xa rematou

Horario:

Venres 4 de outubro de 17 a 19 h e sábado 5 de outubro de 18 a 20 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíta, con inscrición previa.

A organización seleccionará as mellores curtas entre as propostas recibidas e programará varias sesións onde os autores terán a oportunidade de presentar os seus traballos.

 Para poder mandar as curtametraxes á organización do festival, é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición da actividade (antes do 30 de setembro) onde se requirirá a seguinte información:

-        Currículo do autor

-        Link ou links onde están subidas a ou as curtas que se desexen enviar.

Os traballos, que deberán ter unha duración de non máis de 15 minutos, poden ser de calquera xénero e temática.

A organización seleccionará os mellores traballos baseándose na súa calidade artística e informará os seus autores da data e hora de proxección.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión